Skip to Content

CONCURSO DE CATECISMO

O SÁBADO 2 DE MARZO CELEBROUSE O 1º CONCURSO DE SANMARTIÑO NO COLEXIO DOS MARISTAS.

PARTICIPARON ALUMNOS DE 6º: DAVID BOSO, IRIA, DAVID GAVILANES, INÉS E BELÉN.

FACÍA ÁS VECES DE CAPITÁN GAVILANES.

ASISTIU TAMÉN O SEÑOR OBISPO.

 

COMPARSA ENTROIDO


Un grupo de pais e nais do noso centro participaron no desfile do entroido ca comparsa "ALICIA NO PAIS DOS ROSAIS". 


Fixeron un gran traballo.


Se queres ver mais fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

O ENTROIDO

O día 8 de febreiro celebramos o entroido no noso centro. Os nenos e nenas de infantil disfrazaronse de corazóns, e os alumnos e alumnas de 2º B fixeron unha comparsa de froitas e verduras. 

Todos desfilaron polo patio, e os rapaces e rapazas de 5º de primaria presentaron os seus disfraces cunhas estrofas moi simpáticas.

Por último, entregaronse uns diplomas aos disfraces mais orixinales e elaborados de cada clase.

Se queres ver aos gañadores, e mais fotos da nosa festa, preme neste enlace á galería de imaxes.

O ESQUELETE MANDA

Para celebrar O ENTROIDO no noso centro, comezamos cas mandas do esquelete. Durante toda a semana mandounos traer diferentes complementos: mandil, bata de casa, perruca etc....

Os nenos e nenas pasarono moi ben, e os profes tamén.

Se queres ver as fotos preme neste enlace á galería de imaxes.


CIRCUITO ELÉCTRICO

 

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron uns circuitos eléctricos como traballo das prácticas de coñecemento do medio. 

Nesta foto podemos ver uns dos mellores, realizado por DAVID GAVILANES DE DIOS.

Enhoraboa polo teu traballo David.

DÍA DA PAZ 2013

O 30 de xaneiro celebramos no centro O DÍA DA PAZ. Todos os nenos e nenas do centro baixamos ao patio , os rapaces e rapazas de infantil fixeron un conto entre todos relacionado coa paz. Os alumnos e alumnas  de primaria fixeron uns debuxos para cubrir o símbolo da paz que estab no chan do patio.

E como remate final todos xuntos cantamos a canción "Los derechos del niño".

Se queres ver mais fotos preme neste enlace á galería de imaxes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut