VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE OS BEATLES NO MARCOS VALCÁRCEL
Os días 11 e 12 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 3º de educación primaria visitaron a exposición “Ao redor do universo Beatle”, no Edificio Marcos Valcarcel. Trátase da exposición máis completa realizada en España sobre a mítica banda de pop-rock e alberga case 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares. Tamén aproveitaron a saída do centro para percorrer e analizar algúns dos puntos de maior interese do centro histórico da cidade.
PICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO