DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2021-2022
De acordo coa Orde do 28 de outubro de 2021, o centro educativo distribuirá máscaras para o alumnado de educación primaria que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar, sen que para elo deba presentar ningún tipo de solicitude.
Ademais, o alumnado de educación primaria do centro que non teña recibido a axuda para material escolar tamén poderá solicitar a distribución de máscaras, sempre e cando cumpra algún dos seguintes criterios:
- Pertencer a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Ter unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
O prazo para a presentación de solicitudes vai do 15 ao 26 de novembro. As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Pódese consultar toda a información ou descargar os formularios de solicitude nos arquivos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instruccións Orde máscaras asinado.pdf | 282.6 KB |
Orde_28_outubro_21_distribucion_mascaras.pdf | 747.25 KB |
Formulario_solicitude_21_22.odt | 257.09 KB |