SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2011
O 17 de maio, como xa sabedes, celebrouse en toda Galicia o día das letras galegas, adicado este ano a Lois Pereiro. Con tal motivo na nosa escola realizamos actividades diversas para coñecer a este escritor e fomentar asi mesmo o uso da lingua galega.
Actividades que se desenrolaron ó longo de toda a semana pasada e tamén desta: visionado de películas en galego, lectura dos carteis expostos nos pasillos que narran a vida de Lois Pereiro, selección e lectura de libros en galego desde a biblioteca do centro, redaccións, poesías, realización nos ordenadores das actividades recomendadas polo seminario GALAN, documentais na pizarra dixital...