TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Esquema de temas
-
TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR
-
PRESENTACIÓN
A presentación, en Power Point recolle os principais contidos a tratar co alumnado no desenvolvemento das sesións de ensino-aprendizaxe.
-
ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO
Recóllense, a modo de exemplo, algunhas actividades educativas que se lle poden propoñer a nenos e nenas para traballar os contidos da unidade.
-
RECURSOS PARA O ALUMNADO
Aquí aparecen diversos recursos (guías de actividades e documentos con información relacionada) para que o alumnado poida afondar nos contidos ou levar a cabo traballos de investigación ou proxectos relacionados cos mesmos.
-
RECURSOS PARA O PROFESORADO
Neste apartado ofrécese unha serie de documentos, dirixidos ao profesorado, relacionados cos contidos do acoso escolar ou coas metodoloxías para abordalos. Mención especial merecen a) as ligazóns a videos ou a sitios web de interese e b) algunhas pautas para traballar nas aulas e nos centros a prevención do acoso escolar.
-
TRIPTICOS E DIPTICOS
Recóllense un díptico e un tríptico que resumen de xeito moi breve e esquemático a información fundamental sobre o acoso escolar e as principais medidas a poñer en marcha para previlo e/ou combatelo.
-
IMAXES
Conxunto de fotos e debuxos que poden ser de utilidae para ilustrar os posibles traballos que a nivel de aula ou de forma individual se poidan realizar neste tema.