Punto Laranxa contra o acoso escolar

Menús, Documentación, Convocatorias

Autodeclaración Comedor Escolar 2024/2025

 

Autodeclaración comedor escolar 2024/2025

 

A autodeclaración pode ser presentada na secretaría do colexio ata o 19 de xullo ou durante o mes de setembro de 2024.

 

IMPORTANTE: A non presentación da autodeclaración supón o pago máximo do importe do comedor, 4,50€ diarios, no caso de estar admitido neste servizo para o curso 2024/2025.

Solicitude Comedor Escolar e Transporte Escolar para o curso 2024/2025

Do 2 ao 30 de abril de 2024 estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2024/2025. Estas datas son so para o alumnado que está actuamente matriculado no CEIP A Lomba. O alumnado que se incorpore por primeira vez ao noso centro fará a solicitude xunto coa matrícula, do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024.

O impreso de solicitude de comedor pode ser descargado aquí ou poden recollelo na conserxería do colexio.

As solicitudes, xunto coa documentación que se detalla máis abaixo, será entregada na secretaría do CEIP A Lomba en horario de 09:15 a 13:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:

- Certificado de convivencia da unidade familiar.

- Autodeclaración da renda do exercício 2023 (este impreso estará dispoñible a finais de xuño, preguntar na secretaría por esas datas)

- Informe do asistente social do Concello certificado polos Servicios Sociais ou municipais correspondentes onde se acredite unha situación socioeconómica de exclusión social ou unha incapacidade igual ou superior ao 33%, da/o alumna/o. (se é o caso)

- Título de familia numerosa, ten que estar vixente no momento de solicitar o comedor. (se é o caso)

 

- Se alegan incompatibilidade horaria de ambos os dous proxenitores ou titores legais coa saída da/o filla/o ao mediodía terán que achegar ademáis da documentación arriba indicada:

TRABALLADORES POR CONTA ALLEA:

  • Certificación da empresa, onde conste o nome do traballador coa duración da xornada e o horario de traballo.
  • Informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público.

TRABALLADORES POR CONTA PROPIA:

  •  Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da  actividade económica, e o horario que require a actividade.

 

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO E EN LISTA DE AGARDA NO SERVIZO DE COMEDOR DO CURSO 2023/2024

Xa están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido e en lista de agarda para o comedor escolar do curso 2023/2024. As listaxes poden ser consultadas nos taboleiros internos do CEIP A Lomba e no edificio Anexo A Lomba.

Distribuir contido

Back to top