Punto Laranxa contra o acoso escolar

Localización, Organigrama, Dependencias, Consello escolar, Secretaría, Profesorado

Listaxes definitivas alumnado solicitante fondo libros e axudas libros texto e material escolar. Curso 2024/2025

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO SOLICITANTE DE   FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2024/2025

 

 

As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as listaxes definitivas de Fondo libros para o alumnado de 3º e 4º  de primaria.

 

O alumnado de 5º e 6º de EP non ten  libros formato papel por estar no programa E-Dixgal (empregan ordenador).

 

Preguntar na secretaría do CEIP A Lomba se están teñen dereito ao vale para a adquisición de libros de texto (1º e 2º EP), e/ou se lles corresponde o vale para a adquisicón do material escolar (alumnado de 1º a 6º de EP).

 

A ENTREGA DE VALES FARÁSE A PARTIR DO 9 DE SETEMBRO.

 

 

Solicitude colaborador voluntario Comedor Escolar curso 2024/2025

As nais, pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familias do alumnado do CEIP A Lomba que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión na Secretaría do centro ata o día 08 de setembro de 2024.

Anuncio da convocatoria aquí

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

 

 

 

 

Listaxes provisionais Fondo Libros e axudas adquisición libros de texto e material escolar curso 2024/2025

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO SOLICITANTE FONDO LIBROS E AXUDAS

LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2024/2025

 

As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as

listaxes definitivas de Fondo libros para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

 

O alumnado de 5º e 6º de EP non vai empregar os  libros en formato papel por estar no

programa E-Dixgal (libro dixital).

 

 O alumnado de 1º e 2º de primaria non saen nesas listaxes, teñen que preguntar na

secretaría do CEIP A Lomba se están admitidos ou excluídos.

 

Para saber se teñen dereito ao vale do material , alumnado de 1º a 6º de EP, tamén lles

facilitamos esa información na secretaría do centro.

 

 

Autodeclaración Comedor Escolar 2024/2025

 

Autodeclaración comedor escolar 2024/2025

 

A autodeclaración pode ser presentada na secretaría do colexio ata o 19 de xullo ou durante o mes de setembro de 2024.

 

IMPORTANTE: A non presentación da autodeclaración supón o pago máximo do importe do comedor, 4,50€ diarios, no caso de estar admitido neste servizo para o curso 2024/2025.

Convocatoria fondo libros e axudas adquisición libros texto e material escolar. Curso 2024/2025

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo libros e/ou adquisición de libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

 

 

 

Calendario tramitación solicitudes e datas publicación listaxesMáis información neste enlace

A quen vai dirixido?

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

Requisitos

 Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

Documentación para a presentación

Solicitudes 

- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2023/24. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino no que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

 

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

 

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Así mesmo, a aplicación informática fondolibros  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

 

- A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Documentación complementaria

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

1º. Certificado ou volante de convivencia.

 

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

 

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

 

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

h) Outra documentación.

 

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

 

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

 

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

Comprobación de datos

 

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

 

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

 

b) DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.

 

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

 

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.

 

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

 

En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2022.

 

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario respectivo e achegar os documentos.

 

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar:

 

a) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2022.

 

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

 

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

 

 

 

Listaxe Definitiva alumnado admitido e información para a matrícula no curso 2024/2025

Xa poden cunsultar as listaxes definitivas do alumnado solicitante de praza para o curso 2024/2025.

A relación do alumnado admitido está exposta nos taboleiros de anuncios internos dos edificios do CEIP A Lomba e Anexo

A Lomba. 

 

PRAZO DE MATRÍCULA: do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024, na secretaría do CEIP A Lomba en horario de

atención ao público de 09:15 a 13:00h.

 

 IMPORTANTE: de non presentar a a matrícula nas datas sinaladas, perderáse o dereito á praza adxudicada.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA:

- Impreso de matrícula (será facilitado na secretaría do CEIP A Lomba a partir do 10 de xuño)

- 3 fotrografías recentes, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.

- Fotocopia do DNI e/ou folla do libro de familia onde conste o alumno.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.

- Fotocopia do libro de vacinas onde están rexistradas as que ten subministradas ata a data actual.

- Certificado académico ou boletín de notas do curso 2023/2024, se o alumno se matricula nun curso diferente a 4º de infantil.

Convocatoria de axudas Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Curso 2024/2025

Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidades educativas de apoio (NEAE), que convoca o Ministerio de Educación para o curso 2024/2025

Máis información no seguinte enlace https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

O formulario é accesible por internet no enderezo: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html#dc ou  a través da sede electrónica do Ministerio de Educación  no enderezo https://sede.educacion.gob.es

 

 

 

 

 

Publicación listaxes alumnado admitido para o curso 2024/2025.

Nos taboleiros de anuncios internos do CEIP a Lomba e Anexo A Lomba, poden consultar as listaxes de alumnado admitido para o curso 2024/2025.

O prazo de reclamación a estas listaxes é do 26 de abril ao 3 de maio de 2024, na secretaría do CEIP A Lomba.

O prazo para formalizar a matrícula do alumnado admitido é do 24 de xuño ao 1 de xullo de 2024, na secretaría do CEIP A Lomba en horario de 09:15 a 13:00 horas.

Distribuir contido

Back to top