COMUNICADO ÁS FAMILIAS

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

 

DO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

 

 

Prezadas Familias:

Xa estamos finalizando un inédito e estraño curso escolar.

Antes de nada, o equipo docente do voso cole quere agradecer o enorme esforzo realizado polas familias no compromiso educativo das vosas fillas e fillos nestas complexas datas, amosando a importancia e necesidade da educación familiar e escolar para crear un mundo máis xusto, solidario e amable.

Queremos trasladar, a continuación, a seguinte información:

 

AVALIACIÓN E BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

 

A referencia principal foi o traballo realizado no primeiro e segundo trimestres.

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación,non se cubrirán nos boletíns as cualificacións da terceira avaliación en educación primaria, soamente figurará a avaliación final.

O equipo docente é sensible ás circunstancias desta situación social e sanitaria na cualificación final do alumnado. Nestas etapas, a educación presencial é esencial para o correcto desenvolvemento persoal e académico. Moi especialmente na etapa de educación infantil e primeiros cursos de primaria, resulta moi difícil intercambiar un contexto educativo por un dixital.

Os Boletíns serán enviados automaticamente pola aplicación AbalarMóbil.

Prégase ás familias con dificultade de instalación desta aplicación, prégase contacten coa secretaría do centro (886120253)

          A entrega telemática será realizada o venres, día 19 de xuño arredor das 8.00 horas a.m.

          Para a recollida impresa dos boletíns de PRIMARIA as titoras e titor están contactando con vós para estipular unha data de entrega.

         En Infantil a entrega é nada máis pola APP ABALARMÓBIL.

 

INICIO DO CURSO 2020-2021

 

Inicio do curso 2020-2021: situación actual.

A data de hoxe non hai directrices sobre o inicio do curso escolar 2020-2021.

As novas das decisións normativas sobre esta cuestión se iran publicando a través da web do colexio. Pregamos ser prudentes nas informacións non contrastadas e non remitidas dende o centro.

Entendemos, por suposto, a incerteza da situación pero todo estará en función da evolución da pandemia nas próximas semanas.

 

AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAL ESCOLAR EN INFANTIL E COMEDOR

Nestes momentos están pendentes de publicación na web do Concello. Dende o centro informaremos dos prazos e o procedementos para a súa tramitación no Concello de Vigo.

 

 LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

Para o próximo curso haberá cambio de libros en 3ºde EP.

Nos cursos de 1º e 2º son libros funxibles. Deberemos esperar a setembro cando estean nomeados o novo profesorado.

Os libros de 4º de EP non se cambian; continúan en vigor os mesmos.

Os cursos de 5º EP e 6º EP serán cursos e-dixgal; non teñen libros.

 En próximas datas se comunicará ás familias os libros e editoriais seleccionadas polo equipo docente, pero recomendamos non mercar ningún libro ata setembro que estará o claustro do profesorado configurado para o curso escolar 2020-2021 e se publicará tamén o material funxible a mercar necesario.

 

De todo corazón, desexámovos unhas moi merecidas vacacións.

 

O Equipo docente do Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo.

 

Queremos despedirnos deste curso escolar con este vídeo realizado por algúns alumnos/as de 6º de EP

(Premer na imaxe)

Imaxe