TAREFAS PIRATAS PARA O 8º DÍA DE NAVEGACIÓN

 

Ola "Pequenos corsarios"

 

Estades listos para continuar a viaxe?

 Pois xa sabedes o que tedes que facer!!!

 Imos comezar con música, a ver se ainda vos lembrades...

 

 

 Preparade o garfo, o parche e a pata de pau que imos comenzar o 8º día de navegación.

 

Tedes os víveres e a intendencia necesaria para empezar?

Entón a qué esperades? Imos a preparar a intendencia.

                                 

 

 

(lembrade só unha ringleira de multiplicacións e unha de divisións)

 

E para pasar o tempo poderiamos escoitar dos vellos piratas as historia e lendas de Megumi, a cazadora de estrelas. Aprendendo novo vocabulario para engadir ao noso "Diccionario Pirata"

Lembraredes a nosa “Canción del Pirata” de José de Esproceda. Pois debedes saber que as lendas din que falaba dun sanguinario corsario galego Benito Soto.

 

A ver se sodes capaces de descubrir a lenda dalgún outro pirata galego?

 

Vigo, la gran base de los corsarios en el s. XVIII

No anexo hai un documento que vos conta algo da historia deses corsarios galegos.

 

Fascinantes as aves verdade? Os nosos amigos os Kratt apréndennos bastante sobre eses extraordinarios vertebrados

 

Para rematar non esquezades facer un pequeno diario con todas esas aventuras que fixestes ao longo do día.

 

Boa viaxe Piratas, mañá seguiremos coa nosa aventura!!

 

 

AdxuntoTamaño
Corsarios galegos.doc400.5 KB
Corsarios galegos.pdf433.07 KB