6º PRIMARIA - 27 de marzo

E XA CHEGOU O VENRES!

Eses cerebros pensantes cargados de enerxía...terán uns días para darse máis descansos...pero o luns volvemos a tope eh??

ESTES DÍAS RÉTOVOS A:

- Resolver un enigma de refráns. Como xa saberedes andan de WhatsApp en WhatsApp uns refráns moi enigmáticos. Pero canta xente os resolveu todos?? 

Pois ímos conseguilo nós. E a cousa é que como os vosos cerebros tamén teñen que descansar un pouco...este reto será colectivo! Que quere dicir iso?? Pois que vós podedes pensar algúns, pero se non vos saen deberedes poñervos en contacto vía móbil con outros membros da vosa familia e preguntarlles polo número de refrán que vos falte a ver se entre todos dades feito...

A vosa tarefa será escribilos todos e enviarmos ao meu correo.

Tedes de prazo ata o luns pola mañá. Ollo teñen que estar en galego. 

 

Adxunto 4 documentos: 

1. Tarefas do día 27 de marzo.

2. Ficha refráns e significados.

3. Ficha frases feitas.

4. Reto refráns en formato pdf

5. Reto refráns en formato doc

 

(Se tedes o caderno de galego na casa pegade as fichas ou facédeas nel)