AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. CURSO 2014/2015

Convocada a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria, do Concello de Vigo para o curso 2014/2015.

Os programas subvencionables serán:

1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa)

2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ao 30 de maio de 2014.

A publicación das bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro oficial de anuncios da Casa do Concello, nas Unidades de Traballo Social (UTS) e na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org.