ALERTA METEOROLÓXICA- 6/02/2014

 

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

(Recomendamos estar atentos á páxina web do colexio porque de producirse algunha novidade o publicaríamos por medio deste canle.)

A directora (mércores 5-02-2014 ás 17h)