AS MATEMÁTICAS NO PLANETA CASTELAO

 

"As matemáticas no planeta Castelao"

Este é o título do Proxecto Documental Integrado que desenvolveremos no colexio ó longo deste curso 2012-13.

As matemáticas arrodéannos por todas partes: marcando os nosos anos de vida, o altos que somos, as distancias que percorremos, o que pesan as nosas mochilas, as horas que pasamos xogando, a calor do verán e o frío do inverno.... e tantas e tantas cousas das que case non nos decatamos.

Pero este curso mergullarémonos en todas elas para descubrir a maxia das matemáticas e aprender a disfrutar con elas.