Vacacións Semana Santa

Lembramos que, tal como está establecido no calendario escolar do curso 2010-2011, o período vacacional de Semana Santa comprenderá dende o 18 ata o 25 de abril,ámbolos dous inclusive.

SEMANA DO LIBRO

No blog da biblioteca podedes coñecer as actividades que se levarán a cabo no colexio co gallo da conmemoración do Día do Libro.

E na sección BIBLIOTECA--Recomendámosche desta web atoparedes información moi interesante sobre libros infantís e xuvenís.

Dúas novas series infantís de animación en galego.

OQO editora anuncia a próxima emisión na tvG2 de dúas series infantís de animación en galego.

Máis información na sección BIBLIOTECA--Sabías que...?

ESTREA TEATRAL

Hoxe, 6 de abril de 2011, grande estrea dos nosos alumnos e alumnas de 1º representando a obra "A outra historia de Carapuchiña" na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.

Desexámoslles moitos éxitos!!

INAUGURACIÓN DA GALERÍA

GALERÍA CEIP CASTELAO

Dende hoxe queda inaugurada a Galería da nosa páxina web. Para acceder a ela só tedes que premer na pestana que se atopa na parte superior desta páxina.

Alí atoparedes as fotos das festas, das saídas complementarias e das actividades que se realicen nas instalacións do colexio. Pouco a pouco iremos ampliando os álbums.

Esperamos que disfrutedes moito delas.

MATRÍCULA CURSO 2011/2012

Xa está aberto o proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso. Tedes toda a información en O CENTRO > SECRETARÍA > MATRÍCULA.

Distribuir contido