AS MATEMÁTICAS NO PLANETA CASTELAO

 

"As matemáticas no planeta Castelao"

Este é o título do Proxecto Documental Integrado que desenvolveremos no colexio ó longo deste curso 2012-13.

As matemáticas arrodéannos por todas partes: marcando os nosos anos de vida, o altos que somos, as distancias que percorremos, o que pesan as nosas mochilas, as horas que pasamos xogando, a calor do verán e o frío do inverno.... e tantas e tantas cousas das que case non nos decatamos.

Pero este curso mergullarémonos en todas elas para descubrir a maxia das matemáticas e aprender a disfrutar con elas.

 

Becas alumnado nee

CIRCULAR SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2012-13.

 

            Comunicámoslles que no BOE do  9 DE AGOSTO foron publicadas as axudas arriba indicadas mediante Resolución do 2 de agosto  do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Pódese obter toda a información na páxina : www.educacion.es

O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 25 de setembro.

Podedes descargar o impreso premendo no seguinte enlace

IMPRESO

AXUDASLE CURSO 2012-13

Publicada no DOG do 1 de xuño de 2012 a ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013.

Aquí vos deixamos o enlace á publicación.

AXUDASLE

Nova moi interesante

Achégate ó noso espazo BIBLIOTECA > Sabías que...?  e poderás descubrir unha interesante iniciativa na que podes participar.

AXUDASLE

Publicada no DOG  de 5 de marzo de 2012 a:

Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Podedes atopar toda a información no enlace:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

CULTURGAL 2011

Traemos ata aquí unha nova moi interesante: "Culturgal 2011".

Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.

Para máis información, preme abaixo:

CULTURGAL

OCIOENPONTEVEDRA

Distribuir contido