CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015

O Consello Escolar do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, reunido en sesión extraordinaria o mércores 26 de febreiro de 2014, acorda por unanimidade DECLINAR o criterio complementario recollido no artigo 28 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Matrícula 2014-2015

A partires do 1 de marzo comeza o proceso de admisión para novo alumnado no noso centro.

Tedes toda a información no apartado  O CENTRO / SECRETARÍA / MATRÍCULA

Haberá unhas xornadas de portas abertas os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2014 nos seguintes horarios:

Mañá: 9.15 h. / 9.45 h. / 13.15 h.

Tarde (só o martes, 25): 16.15 h. / 16.45 h. / 17.15 h. / 17.45 h.

*Non é preciso reservar hora, abonda con axustarse ás horas indicadas.

ALERTA METEOROLÓXICA- 6/02/2014

 

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

(Recomendamos estar atentos á páxina web do colexio porque de producirse algunha novidade o publicaríamos por medio deste canle.)

A directora (mércores 5-02-2014 ás 17h)

ALERTA METEOROLÓXICA

O martes 4 de febreiro queda suspendida a saída ao Museo do Mar que estaba prevista para o primeiro ciclo de Educación Primaria segundo a Comisión Escolar de Alertas

Premer na imaxe para consultar o documento

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2014

Co fin de que os/as pais/nais que así o desexen se poidan achegar a coñecer o noso centro, organizamos unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2014, nos seguintes horarios:

Mañá: 9.15 h. / 9.45 h. / 13.15 h.

Tarde (só o día 25): 16.15 h. / 16.45 h. / 17.15 h. / 17.45 h.

Non é preciso reservar hora; abonda con axustarse ás horas indicadas.

Felicitación Nadal 2013

 A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO

NELSON MANDELA

Distribuir contido