RECOLLIDA CHEQUES AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Lembramos ás familias ás que lles foron adxudicadas axudas para adquisición de libros de texto e material escolar, e que non recolleron o cheque nos días 4 e 5 de xullo de 2017, que poderán recollelos no mes de setembro a partir do día 1.

LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL. CURSO 2017/2018

NO ARQUIVO ADXUNTO ATOPAREDES

AS LISTAXES DE LIBROS E MATERIAL

PARA CADA UN DOS CURSOS

DO VINDEIRO 2017/2018.

NOTA ACLARATORIA MATERIAL INGLÉS PRIMARIA

O alumnado que xa dispoña de diccionario de inglés de cursos anteriores non ten que mercar ningún outro. A recomendación de diccionario que aparece na nota de material entregada a fin de curso é para aqueles nenos/nenas que precisen mercar un porque non teñen.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017 / 2018

Publicado no DOG do 22 de xuño de 2017 o calendario escolar para o vindeiro curso 2017/2018.

PRIMEIRO PREMIO "NÓS TAMÉN CREAMOS!"

O noso centro resultou premiado na VI edición dos Premios a curtas de animación en galego "Nós tamén creamos!", organizado ola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesionbal e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de RTVG e con OQO editora.

O premio concedido corresponde á modalidade de 1º e 2º de Primaria, pola curta "O mundo nos ollos" que foi creada polo alumnado de 1º e 2º xunto coas súas titoras, a mestra de relixión e a directora do centro.

 

PARABÉNS!!!

 

CIRCULAR INFORMATIVA XUÑO 2017

Circular informativa correspondente ao mes de xuño de 2017.

 

 

Distribuir contido