Proxecto CANStelao

 

 

 

 

 

 

 

 

CANStelaoé un proxecto que xurde a proposta da ANPA coa ambición por unha banda, de transmitir valores de sensibilidade e respecto aos animais e, pola outra, de dar a coñecer o traballo das protectoras  que acollen animais abandonados ata atopar un fogar definitivo para eles.

Cada clase ten apadriñadas dúas cadelas ou dous cans da Protectora de Animais Aloia de Tui.

En breve sairá do colexio unhas mochilas violetas , que irán rotando entre o alumnado, e estarán nas vosas casas durante unha semana. Dentro delas, atoparedes un pequeno caderno explicativo e informativo do mencionado proxecto, e tamén unha mascota.

Estas foron deseñadas a partir dalgúns debuxos seleccionados da exposición que realizamos no seu dia. Na elaboración dalgunhas delas contamos coa colaboración das amigas e amigos da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP).

Está previsto que máis adiante, se realice unha charla pola Protectora que traerá algún can. (Se algún dos vosos fillos/as ten algún tipo de alerxia aos cans, por favor, manternos informadas.)

 =============================================

 

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade- Matricula novo alumnado 2020-21

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en cumprimento do previsto no artigo 29 e na disposición adicional primeira da devandita orde, anuncia a celebración do acto público de sorteo no que se extraerán as letras de prioridade do primeiro e segundo apelido, para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2020/2021.

  • Día: 26 de febreiro de 2020
  • Hora: 10:30 horas
  • Lugar: Sala de Xuntas B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
  • Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 2, 1º andar,
  • Santiago de Compostela.
 
 
=========================================================

Reserva praza ao IES ADSCRITO

CIRCULAR INFORMATIVA FAMILIAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias,

Xa está aberto o prazo para solicitar reserva de praza no IES VALLADARES, centro de ensinanza secundaria adscrito ao noso colexio. 

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación informática  

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ SOLICITUDES-RESERVA-CREAR

 IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 3)/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. 

 ANEXO ED550A

CALENDARIO

PRAZOS-MATRÍCULA curso 2020-2021

Do 1 ao 17 de febreiro

Reserva de praza no IES ADSCRITO (ANEXO ED550A) (Entregar na Secretaría do Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao) ou vía telemática.

1-20 de marzo

Prazo de solicitude de admisión PARA OUTROS IES NON ADSCRITOS  (ANEXO II-ED550B)

 Para o alumnado de Educación Infantil e Primaria que continúe no centro, non hai que reservar praza. O proceso de adscripción é automático.

As familias interesadas en matricularse por primeira vez no noso centro (infantil e primaria) poderán facelo na apertura de admisión do alumnado en período ordinario ( do 1 ao 20 de marzo) según recolle  a normativa actual  DECRETO 254/2012, do 13 de decembroORDE do 12 de marzo de 2013 e ORDE do 25 de xaneiro de 2017 no horario de secretaría que facilitaremos no seu momento.

Ante calquera dúbida, contactar coa secretaría do centro: 886 120  253 no horario de LUNS ou MÉRCORES de 9:00 a 9:50 h. 

Recibide un cordial saúdo.

O Equipo Directivo

=================================================================== 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2020-21

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

NO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO

DE VIGO

 

 

MÉRCORES 4 de MARZO de 2020 ás 16:30

e

VENRES 6 DE MARZO de 2020 ás 16:30

 

 

Teremos unha pequena reunión onde explicaremos o proceso de matriculación e resolveremos as dúbidas que vos poidan xurdir. Posteriormente visitaremos as instalacións do centro.

Nestas xornadas aconsellamos vir sen os vosos fillos/as porque son reunións que se alongan debido a vosas inquedanzas e dúbidas e os cativos/as se cansan ante as preguntas dos maiores.

Non é necesario concertar cita telefónica pero si que pregamos puntualidade.

Un saúdo

O Equipo Directivo

=============================================================================================================================

DÍAS NON LECTIVOS NO CURSO 2019 - 2020

Tras a preceptiva aprobación por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra, informamos de que foron declarados días non lectivos para o curso escolar 2019 - 2020 os seguintes: 

 

20 de marzo de 2019

18 de maio de 2019

 

O que pomos no coñecemento das familias para a súa organización. 

BO NADAL! FELICES LECTURAS!

Portada recomendacións de Nadal

Xa chegaron as vacacións de Nadal, e, con elas, os nosos bos desexos e as recomendacións para escoller unhas fermosas lecturas coas que agasallar á familia. 

Neste enlace do Blog da Biblioteca atoparedes e documento completo. 

http://biblionavia.blogspot.com/2019/12/degustando-o-nadal.html

 

Bo Nadal!

Distribuir contido