SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Material escolar

 

Para descargar a solicitude podedes premer no seguinte enlace: 

 

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11300466

 

IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS CON MÁIS DE 3 MEMBROS: 

Anexo II: tedes que firmar todos os membros a autorización de comprobación de datos. Para iso teredes que cubrir dous impresos

 

Tramitación presencial Axudas de libros, material escolar e fondos libros

 

 

Benqueridas familias:

Para poder tramitar as axudas de libros de texto, material escolar e fondos libros é necesario facer previamente a devolución de libros  que pertencen ao fondo solidario correspondente aos cursos de 3º-4º-5º e 6º EP.

Por iso é moi importante que o día que tedes asinado para o trámite de ditas axudas traigades:

  1. Os LIBROS DE TEXTO que teñades na casa que son do fondo solidario.
  2. As MOCHILAS VIAXEIRAS da biblioteca.
  3. Empréstitos de LIBROS DA BIBLIOTECA do colexio

Ao final estamos organizando para que  o mesmo día SÍ podades acceder ás aulas e   recoller o material das vosas fillas e fillos.

Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración.

Saúdos

O Equipo Directivo

 

Admisión Alumnado curso 2020-21

 

 

Informamos ás familias que fixeron a solicitude de admisión para o curso 2020-21 que están todas admitidas, excepto en 3º de Educación Primaria que hai que baremar.

 

En breve publicaremos a listaxe provisional.

 

Atentamente

 

 

 

A directora

 

Montserrat Martínez Cañas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCERTAR CITA PREVIA- Axudas libros e material escolar - Fondos Libros

 

Prezadas familias

As familias que desexedes facer o trámite das axudas de libros, material escolar ou fondos libros debedes

chamar ao teléfono do colexio 886120253 de 10 a 13h ata o mércores 3 de xuño para concertar cita.

Non se atenderá sen cita concertada

Grazas pola vosa colaboración.

Saúdos

O Equipo Directivo

==========================================================

Programacións Didácticas do 3º trimestre 2019-2020

 

 

Prezadasfamilias:

Neste espazo tedes, á vosa disposición, as adaptacións das Programacións Didácticas para desenvolver o terceiro trimestre do curso.

A situación sanitaria derivada da pandemia do COVID-19 e a posterior decisión de confinamento social que impide a educación presencial,

deriva nunha readaptación das programación das actividades de ensino- aprendizaxe inicialmente planificadas.

Na lista seguinte podedes acceder á nova programación do terceiro trimestre no relativo as actividades a desenvolver,

a metodoloxía de avaliación e os criterios de promoción de curso.

Recibide moita saúde e un cordial e virtual saúdo.

RECOLLIDA DO MATERIAL DO ALUMNADO QUE QUEDOU NO CENTRO EDUCATIVO

mochilas

 

Benqueridas familias:

A partir da vindeira semana nos poñeremos en contacto con vosoutras para organizar a recollida do material das vosas fillas e fillos que quedaron no centro.

Agradecemos que NON vos acheguedes ao centro ata que non teñamos establecido un modelo organizativo co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo.

Moitas grazas.

Un cordial saúdo

O Equipo Directivo

Distribuir contido