Formalización Matrícula- ALUMNADO NOVO- Curso 2020-2021

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS QUE SOLICITARON A ADMISIÓN

NO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO PARA O CURSO 2020-2021

 

 

O venres 26 de xuño de 2020 se publicarán as listaxes definitivas de admisión para o curso 2020-2021.

(Xa avanzamos que non hai ningunha modificación das listaxes provisionais publicadas no seu día; polo que todo o alumnado, que fixo o proceso en prazo e, segundo as bases da convocatoria, está admitido)

 

Agradecemos que ese mesmo día, VENRES 26 DE XUÑO, de 9:30 a 13:30 pasedes pola secretaría do centro para recoller unha carpeta

 

Nela atoparedes  documentación  de interese para formalizar a matrícula; e tamén, información que os axudará para facilitar o período de adapatación dos vosos fillos/as en setembro.

En breve os daremos información das datas e horarios de matriculación.

¡Os esperamos este venres 26 de xuño!

Saúdos

A directora

 

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para o curso 2020-2021

Prezadas familias:

Xa está publicada na web do Concello a convocatoria de libros, material escolar e comedor para o vindeiro curso 2020-2021. Nesta web podedes descargar a base da convocatoria e os anexos correspondentes. Lembrar que está xestión se realiza directamente no Concello ou a través da administración electrónica (Carpeta Cidadá).

Ante calquera dúbida, contactar co teléfono de información xeral 010.  Facer "clic" na imaxe para acceder á información. Grazas

axudas-concello

 

ALFIN EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

 

A toda a Comunidade Educativa

Queremos informarvos de que está dispoñible no portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o novo número deEduga. Revista Galega do Ensino(www.edu.xunta.es/eduga).

 

Este volume 79 (xaneiro-xuño 2020) recolle, entre outros temas de interese, concretamente, no apartado de  “Bibliotecas”, unha pequena síntese do noso Proxecto Documental Integrado(Premer no título do PDI para acceder directamente ao enlace

 

 

Primus circumdedisti me

 

 

 

Parabéns a toda a Comunidade Educativa

Saúdos cordiais.

A directora

 

 

 

 

 

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

 

DO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

 

 

Prezadas Familias:

Xa estamos finalizando un inédito e estraño curso escolar.

Antes de nada, o equipo docente do voso cole quere agradecer o enorme esforzo realizado polas familias no compromiso educativo das vosas fillas e fillos nestas complexas datas, amosando a importancia e necesidade da educación familiar e escolar para crear un mundo máis xusto, solidario e amable.

Queremos trasladar, a continuación, a seguinte información:

 

AVALIACIÓN E BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

 

A referencia principal foi o traballo realizado no primeiro e segundo trimestres.

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación,non se cubrirán nos boletíns as cualificacións da terceira avaliación en educación primaria, soamente figurará a avaliación final.

O equipo docente é sensible ás circunstancias desta situación social e sanitaria na cualificación final do alumnado. Nestas etapas, a educación presencial é esencial para o correcto desenvolvemento persoal e académico. Moi especialmente na etapa de educación infantil e primeiros cursos de primaria, resulta moi difícil intercambiar un contexto educativo por un dixital.

Os Boletíns serán enviados automaticamente pola aplicación AbalarMóbil.

Prégase ás familias con dificultade de instalación desta aplicación, prégase contacten coa secretaría do centro (886120253)

          A entrega telemática será realizada o venres, día 19 de xuño arredor das 8.00 horas a.m.

          Para a recollida impresa dos boletíns de PRIMARIA as titoras e titor están contactando con vós para estipular unha data de entrega.

         En Infantil a entrega é nada máis pola APP ABALARMÓBIL.

 

INICIO DO CURSO 2020-2021

 

Inicio do curso 2020-2021: situación actual.

A data de hoxe non hai directrices sobre o inicio do curso escolar 2020-2021.

As novas das decisións normativas sobre esta cuestión se iran publicando a través da web do colexio. Pregamos ser prudentes nas informacións non contrastadas e non remitidas dende o centro.

Entendemos, por suposto, a incerteza da situación pero todo estará en función da evolución da pandemia nas próximas semanas.

 

AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAL ESCOLAR EN INFANTIL E COMEDOR

Nestes momentos están pendentes de publicación na web do Concello. Dende o centro informaremos dos prazos e o procedementos para a súa tramitación no Concello de Vigo.

 

 LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

Para o próximo curso haberá cambio de libros en 3ºde EP.

Nos cursos de 1º e 2º son libros funxibles. Deberemos esperar a setembro cando estean nomeados o novo profesorado.

Os libros de 4º de EP non se cambian; continúan en vigor os mesmos.

Os cursos de 5º EP e 6º EP serán cursos e-dixgal; non teñen libros.

 En próximas datas se comunicará ás familias os libros e editoriais seleccionadas polo equipo docente, pero recomendamos non mercar ningún libro ata setembro que estará o claustro do profesorado configurado para o curso escolar 2020-2021 e se publicará tamén o material funxible a mercar necesario.

 

De todo corazón, desexámovos unhas moi merecidas vacacións.

 

O Equipo docente do Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo.

 

Queremos despedirnos deste curso escolar con este vídeo realizado por algúns alumnos/as de 6º de EP

(Premer na imaxe)

Imaxe

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO-ADMISIÓN ADMITIDAS CURSO 2020/2021

 

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS EN EDUCACIÓN INFANTIL OBTIVERON PRAZA

PODEDES CONSULTAR AS LISTAXES NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS

(Na relación  consta o código da solicitude, as iniciais do nome e apelidos do/a admitido/a e o curso para o que se fixo a solicitude)

 

Unha vez publicadas as listaxes definitivas os informaremos das datas e dos horarios de formalización da matrícula.

Saúdos

Trámite presencial Axudas para o curso 2020-21 e para a recollida material das aulas

 

 

axuda

Prezadas familias

Lembrar que é necesario concertar cita para tramitar de maneira presencial as axudas de libros de texto ou material escolar; tamén para o fondo solidario.

Destinatarios:

AXUDAS PARA MERCAR LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

 

PARTICIPACIÓN NO REPARTO DE FONDO LIBROS PARA OS CURSOS 3º -4º- DE PRIMARIA

(En 3º  cámbianse os libros)

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

  (vale de 50 €)

AXUDAS PARA LIBROS OU MATERIAL DE ANEAE OU CON DISCAPACIDADE

( valede210para libros ou 275 € para material)

 

Os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria participan no programa EDIXGAL polo que non teñen libros de texto.

Nota: a entrega de libros e vales realizarase en setembro.

 

Tamén para poder acceder ás aulas e retirar as pertenzas doso vosos fillos e fillas debedes chamar por teléfono para concertar dia.

Grazas pola vosa colaboración

Distribuir contido