DATAS DE ENTREGA DOS CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Benqueridas familias: 

Preparándonos xa para o novo curso, achegámosvos as datas e horas de entrega dos cheques de libros e material escolar para o alumnado de Primaria adxudicatario das axudas. 

Pregamos que colaboredes respectando os horarios establecidos e cumprindo as normas de seguridade e hixiene esixidas pola pandemia (máscara unha vez que se entra no recinto escolar, distancia interpersoal e hixiene de mans). 

Lembrámosvos que os cheques son nominais, e deben ser recollidos polo familiar que o solicitou. En caso de non ser posible, a persoa que veña recollelo deberá traer unha autorización acompañada de DNI. 

 Grazas pola vosa colaboración.

Entrega cheques

 

MERECIDO DESCANSO!

 

Deixámosvos coas refrescantes imaxes da Graduación do alumnado de 6º curso de Educación Infantil

 

Máis información no blog de Educación Infantil

Distribuir contido