Información proceso de selección de representantes do consello escolar

Estimadas familias:


Aquí tedes a información relativa ao proceso de elección do Consello Escolar

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/N7AoKaDSiZf8gQH


Saúdos

 
 

Calendario escolar

Estimadas familias:

Podedes atopar o calendario escolar para este curso 2024/25 na seguinte ligazón.

Informamos tamén de que o día non lectivo escollido polo centro, aprobado en Consello Escolar o día 15 de outubro, é o 2 de maio.

Recordar tamén que o vindeiro 31 de outubro non haberá clase xa que é o día do ensino. 

 

 

 
 
 
 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DAS XUNTA ELECTORAL

Seguindo o artigo 30 do Decreto 92/1998, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario, convócase ao Sorteo público para constituír a Xunta Electoral ás 12.00 do venres 18 de outubro na sala de usos múltiples do centro que se encarga da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

Estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de Administración e servizos, os cales serán designados por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

Ao ser un sorteo público a comunidade educativa do centro pode asistir ao mesmo. Agradecemos enviar un correo a  ceip.castelao.vigo@edu.xunta.gal, informando da asistencia.

En Vigo a 11 de outubro de 2024

 

Rocío Rodríguez Conde

 

Documento

 
 
 
 
Distribuir contido