Skip to Content

Álvaro Cunqueiro

 

2011 CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

ÁLVARO CUNQUEIROcunqueiro

 

 Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. En 1922 trasladouse a Lugo para cursar o Bacharelato, e despois a Compostela para estudar Filosofía e Letras, onde se decantou polas tertulias e as lecturas antes do que polas aulas. Descubriu así a obra de autores como Yeats, Rilke, Breton, Verlaine que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios. Nas tertulias do Derby e do Español coincidirá con García-Sabell, Torrente Ballester,Carvalho Calero, Luís Seoane, Maside, Colmeiro e moitos outros integrantes do movemento artístico compostelán. Estes contactos estimularon a Cunqueiro a tomar consciencia do país e da lingua. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...) inseridas no ambiente vangardista da época. Na liña vangardista publicou os poemarios Mar ao Norde (1932),Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Poemas do si e do non (1933).
     Afiliado á Falanxe desde 1937, Cunqueiro exerceu de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. En 1944 o réxime retiroulle o carné de xornalista e voltou a Mondoñedo onde comezo a súa andaina como narrador galego.

 Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que foi vivira Vigo para traballar no xornal Faro de Vigo.
     Desde 1978, en que gaña unha bolsa vitalicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e até a súa morte en 1981, sucedéronse as homenaxes: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedrón de Ouro do Patronato Rosalía de Castro, homenaxe pública en Vigo...
Morre en Vigo no ano 1981.

 

 

 Se queres máis información clica nos seguintes enlace:

http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=%C1lvCunqu&alias=%C1lvaro+Cunqueiro&solapa=obras

  http://www.consellodacultura.org/cunqueiro2011/



page | by Dr. Radut