Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 - 2024

O mércores día 1 e ata o 20 de marzo procédese a apertura do prazo de solicitudes de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Os prazos establecidos no procedemento de admisión é o seguinte:

Presentación de solicitudes   Do 1 ó 20 de marzo
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admision alumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

ACCESO A PRESENTACIÓN ONLINE POR SEDE ELECTRÓNICA

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

PODEDES ATOPAR OS FORMULARIOS DE ADMISIÓN EN PDF AQUI 

 

Atte: O Equipo directivo



page | by Dr. Radut