Ábrese o prazo de reserva de praza en centros adscritos para o curso 2023 / 2024.
Lembrade que, esta reserva é so para aquel alumnado que quere ou debe cambiar de centro por estar adscrito a outro centro, para continuar os seus estudos.
Para o noso centro: o alumnado de sexto curso que ten previsto matricularse no IES San Alberto.
O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 16 de XANEIRO ata o 6 de FEBREIRO. Para facelo pódese escoller calquera das seguintes modalidades:
PRESENCIAL: Presentando a solicitude correspondente no centro educativo empregando o documento ED550A (anexo I e anexo I-bis). Anexo a esta entrada. (o podedes descargar na súa versión en galego ou castelán).
Este documento debe ser cumplimentado, asinado e entregado no centro no horario de atención ao público, xunto coa documentación que se solicita, de ser o caso.
TELEMÁTICA: Así mesmo, pódese facer dita reserva de praza no seguinte enderezo da sede electrónica, co certificado dixital ou chave 365:
ENLACE Á RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE E. INFANTIL e PRIMARIA
**NOTA ACLARATORIA:
O proceso de solicitude de praza de novo alumnado (4º de E.I./3 anos e outros cursos de nova incorporación) é un procedemento distinto do que informaremos puntualmente e que non comezará ata primeiros do mes de marzo.
Atentamente a dirección do centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550A-C.pdf | 1.34 MB |
ED550A-G.pdf | 1.23 MB |