Skip to Content

8M- ROSA E CHUS, REDEIRAS DE VOCACIÓN.

 

ROSA E CHUS, REDEIRAS DE VOCACIÓN.

 

Con motivo da celebración do 8M (Día Internacional Da Muller) estamos levando a cabo no centro diferentes obradoiros nos que dar a coñecer á comunidade educativa o importante traballo que desempeñan as mulleres do Mar. Este venres visitáronnos Rosa e Chus , dúas redeiras  que pertencen á "Asociación de redeiras do cerco de Portosín", lugar no que traballan na actualidade. As dúas redeiras proceden de familias mariñeiras e moi vinculadas co mar; dende moi novas traballan facendo e arranxando os aparellos para que os barcos de Portosín poidan saír a faenar. 

Toda unha vida adicada a este oficio, antigamente pouco recoñecido, pero sempre loitando para visibilizar a súa importancia e recoñecemento no sector do mar e así poder mellorar as súas condicións laborais.

 

Neste enlace podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os alumnos en Radio A Barquiña  https://go.ivoox.com/rf/83377558 (pica co rato mentres pulsas a tecla ctrl no teclado).

 

 

Grazas Chus e Rosa por facernos pasar unha xornada tan interesante e entretida.

 



story | by Dr. Radut