Skip to Content

CAMPO A TRAVÉS

Como en cursos anteriores, o alumnado da Barquiña volveu participar na actividade de campo a través organizada por Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar). Nesta primeira Fase Comarcal houbo unha asistencia masiva de participantes, dende as idades máis curtas (categoría Benxamín) ata os máis veteráns (Cadetes). 

Os nosos rapaces e rapazas participaron nas categorías Alevín e Infantil conseguindo rematar a carreira con solvencia e, algúns deles, clasificándose entre os primeiros postos e con opción de medalla, amosando unha vez máis, o bo estado de forma do noso alumnado!!

Pero, por encima dos resultados acadados, o máis importante é orientar ao noso alumando á práctica deportiva  fomentando hábitos de vida saudables.

A seguinte carreira será o vindeiro 18 de decembro, sempre que o tempo o permita, no Circuito Virxe do Loreto en Porto do Son a partires das 11h da mañá. Esta segunda xornada será clasificatoria para a Fase Intercomarcal que se celebrará en Noia o vindeiro 17 de xaneiro.


 



page | by Dr. Radut