Eventos
Deixámosvos adxunto as listaxes provisionais de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adqusición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O día 5 de xullo publicaremos as listaxes definitivas e o mércores 7 (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales.
Calqueira dúbida, contactade co colexio.
Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O mércores 7 de xullo (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro.
Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo.
Aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material no Concello de Redondela.
- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos)
- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de agosto de 2021
Ligazón da páxina do Concello de Redondela:
http://redondela.gal/gl/subvencions
Adxuntos:
Bases da convocatoria
Extracto publicado no BOPPO
Aberto o prazo para solicitar axudas para comedor escolar no Concello de Redondela.
- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) e educación primaria (6-12 anos)
- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 26 de agosto de 2021
Ligazón da páxina do Concello de Redondela:
http://redondela.gal/es/subvenciones
Adxuntos:
Bases da convocatoria
Extracto publicado no BOPPO