Eventos
E co curso a piques de rematar....temos lista unha nova edición da nosa revista "FOLERPAS 2021".
Despois de todo o curso traballando no proxecto de SAÚDE aquí tedes unha pequena mostra de diferentes actividades que fixeron o noso alumnado.
Esperemos que pasedes un bo rato lendo a revista e vos guste tanto como a nós!!
https://issuu.com/angoren/docs/revista_folerpas_xuntada
A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un... Bo verán!!
Durante o terceiro trimestre fomentamos a actividade física, movemento e hábitos saudables a través de diferentes retos.
Desexábamos con gañas que chegase o venres para ver eses vídeos marabillosos cás familias e descubrir o novo reto da seguinte semana!!
GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
Como broche final, non queremos despedirnos sen ensinarvos o resultado final dunha coreografía conxunta do alumnado do colexio.
Desfrutade do verán e...A SEGUIR MOVENDO O ESQUELETO ASÍ DE BEN!!
Que mellor para pasar un rato agradable no verán que unha boa recomendación lectora!
Así son as recomendacións lectoras dos libros que che fai a Biblioteca Caracola Tola para este ano...
A Biblioteca Caracola Tola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanvos un verán cheo de historias e cousas boas!
Para rematar este mes de xuño co proxecto de "Saúde" traballamos a seguridade vial.
O pasado xoves, 17 de xuño, tivemos a sorte de contar ca policía local de Redondela e a Garda Civil.
Nunha primeira parte da actividade, estivemos moi atentos ao que nos contaban acerca dos perigos e das normas que debemos seguir cando camiñamos pola nosa localidade. A través duns vídeos, aprendemos a importancia de coñecer os sinais, respectar ao resto de peóns, ter coidado ao cruzar a rúa...
Despois, chegaba a parte que estábamos desexando...poder ver e subir nos seus coches e descubriri como son por dentro e todo o que levan!!
Aínda con mal tempo...PASÁMOLO XENIAL!!
Publicamos a continuación as datas sobre as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021/2022:
Publicación das listaxes provisionais: xoves 1 de xullo
Publicación das listaxes definitivas: luns 5 de xullo
Recollida de vales (libros de texto e material): mércores 7 de xullo (9:00-14:00)
*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.
Os libros de fondo solidario entregaranse en setembro ao comezo de curso.
Calquera dúbida podedes chamar ao 886120405 ou mandar un correo a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Deixamos a listaxe de libros de texto de primaria para o vindeiro curso.
Deixámosvos adxunto as listaxes provisionais de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adqusición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O día 5 de xullo publicaremos as listaxes definitivas e o mércores 7 (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales.
Calqueira dúbida, contactade co colexio.
Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O mércores 7 de xullo (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro.
Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo.