Eventos
Informamos ás familias que todo o alumnado que realizou a solicitude de admisión para o curso 2021/2022 están admitidos no centro.
A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Tedes que chamar a partir do 10 de xuño para solicitar cita para acudir ao centro nesas datas.
Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.
Esta semana dedicámola as Letras Galegas 2021
e a coñecer un pouquiño mais a súa homenaxeada
Xela Arias!
Os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria gravaron uns estupendos programas de radio que vos deixamos adxuntos nesta publicación para que os escoitedes!! Aprendemos novas cousas sobre a radio e pasámolo xenial!!
Ademais, todo o colexio fixemos un mural sobre a Xela Arias e a nosa lingua!!
Mirade que ben nos quedou!!
Para rematar a semana, este ano dun xeito diferente, celebramos o tradicional maratón das Letras Galegas....estade atentos que moi pronto subiremos un vídeo dxs nosxs expertxs corredorxs...
Xa está publicado no DOG a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2021-2022.
O alumnado que pode solicitar estas axudas é:
- 1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material.
- 3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.
* Presentación de solicitudes: ata o 22/06/2021
Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:
2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:
Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES
Para máis información sobre a Chave 365: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).
4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"
5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.
7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.
Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade...
O horario de presentación no centro será os luns de 9:00-9:30, os martes de 16:00-18:00 ou os xoves de 13:00-13:30.
No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.
A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2019.
Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xuño.
Bo proveito!
O luns 24 e martes 25 de maio a praia de Arealonga recibiu a visita das nenas e nenos do noso cole, para continuar cas actividades relacionadas co noso proxecto de centro. Neste caso, no mes de maio traballamos sobre a saúde medioambiental.
A actividade consistiu na identificación dos residuos e a explicación da súa procedencia. Unha vez identificados o alumnado procedeu a retirar o lixo da praia de forma selectiva para o seu tratamento. Atopáron gran cantidade de cabichas, entullos e vidros.
Puidemos participar nunha xornada educativa e de lecer preparada pola concellería de medio ambiente.
Moitas gracias!!
O venres 14 de maio celebramos o "Maratón das Letras Galegas".
Este ano, tocou organizalo dun xeito diferente, xa que o percorrido realizámolo dentro do centro.
Todo o alumnado, vestido ca nova camiseta do cole, pasou unha xornada diferente pero moi divertida.
Por quendas, dende os máis pequenos do cole ata os mestres e mestras amosaron as súas habilidades como expertxs corredorxs!!
Tivemos a sorte de que durante o percorrido, o resto do alumnado, animában con carteis realizados por elxs mesmxs.
Na meta, esperábannos a nosa ANPA cunha rica merenda que tomamos ao rematar aproveitando o bo tempo!!
Gracias!!
A continuación deixámosvos un video cunha pequena mostra deste maratón 2021