Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Abril 23, 2021
Start: 23/04/2021 16:20

O 23 de abril conmemoramos en todo o centro

“O Día do Libro”

Cada aula elixiu un conto, o cal leron e traballaron durante toda a semana. Despois plasmaron as súas ideas nunha folla xigante ca que formamos o noso libro xigante do Angorén.

Magnífico traballo dxs nosxs alumnxs que podedes ver no seguinte vídeo

FELIZ DÍA DO LIBRO

Xoves Abril 29, 2021
Start: 29/04/2021 09:13

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de maio.

Bo proveito!

Xoves Maio 06, 2021
Start: 06/05/2021 13:16

Esta semana celebramos a tradicional festa dos Maios.

Cada clase decorou con flores, ovos, laranxas e limóns unha parte do maio. Este ano decidimos facelo dun xeito diferente...mirade os vídeos que orixinal nos quedou!!Risa

O luns 3, co noso maio listo, baixamos a cantar as coplas ao resto do alumnado, iso si,  vestidos con camisa branca e pantalón vaqueiro para non perder a tradición!!

Pasamos unha mañá diferente moi divertida!!

A continuación podedes escoitar as coplas de cada aula!!

                
        
        
        
 
Mércores Maio 12, 2021
Start: 12/05/2021 10:47

Informamos ás familias que todo o alumnado que realizou a solicitude de admisión para o curso 2021/2022 están admitidos no centro. 

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Tedes que chamar a partir do 10 de xuño para solicitar cita para acudir ao centro nesas datas.

Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.

Venres Maio 14, 2021
Start: 14/05/2021 13:01

Esta semana dedicámola as Letras Galegas 2021

e a coñecer un pouquiño mais a súa homenaxeada

Xela Arias!

Os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria gravaron uns estupendos programas de radio que vos deixamos adxuntos nesta publicación para que os escoitedes!! Aprendemos novas cousas sobre a radio  e pasámolo xenial!!

Ademais, todo o colexio fixemos un mural sobre a Xela Arias e a nosa lingua!!

Mirade que ben nos quedou!!

Para rematar a semana, este ano dun xeito diferente, celebramos o tradicional maratón das Letras Galegas....estade atentos que moi pronto subiremos un vídeo dxs nosxs expertxs corredorxs...

Distribuir contido


by Dr. Radut