Eventos
Aquí vos deixamos o menú do mes de abril. Bo proveito!
Comezamos un novo trimestre cheos de enerxía conmemorando os días 6 e 7 de abril:
"Día Mundial da Actividade Física e Día Mundial da Saúde"
Cada día da semana temos dous retos que superar, retos mentais e retos físicos para poñer a punto a nosa saúde!
A final da semana veredes a clasificación grupal do cole Angorén e as diferentes probas que tivemos que superar!
Comenzan as olimpiadas co encendido do pebetero olímpico por parte dos maiores do cole!!!
Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso está admitido de xeito provisional. O 12 de abril actualizaremos as solicitudes a definitivas.
Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal o chamar ao 886120405.
A semana pasada celebramos as primeiras "Olimpíada saudable" do cole Angorén.
Cada día superaron diferentes retos físicos e mentais, todos eles cooperativos para deixar o cole Angorén na mellor posición.
A continuación deixámosvos unha pequena mostra do ben que o fixeron durante toda a semana.
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
BRAVO EQUIPO ANGORÉN!!!
Como resultado final todxs conseguimos alcanzar o podio saudable do cole Angorén a base de esforzo e cooperación.
Finalizamos esta semana coa cerimonia de clausura das primeiras olimpíada saudable e coa entrega de medallas.