Preme na imaxe para abrir o documento aclaratorio
Comedor escolar
Semana da FROITA e DA HORTA AO PRATO
Nesta semana estamos a comer aínda máis saudable, se cabe, do que xa vimos acostumados.
Na hora da parva estamos coa SEMANA DA FROITA, polo que todos os días haberá froita variada para comer, como podedes ver nas imaxes.
Ata puidemos probar tamén os primeiros amorodos da horta .
No comedor estamos coa semana DA HORTA AO PRATO. Ao longo desta semana consumiranse as verduras ecolóxicas da nosa horta.
Recordade que no seu cultivo participaron varios cursos do cole. Polo que comerán os seus propios produtos.
Menuda emoción!
Bo proveito a todos e todas!!
NO DÍA DE ROSALÍA COMEMOS CALDO DE GLORIA
Polo DÍA DE ROSALÍA non se libraron na cociña de celebrar o día cun xantar especial.
Fixeron o CALDO DE GLORIA.
Mesmo se decorou o comedor para tal ocasión.
Pedíronse os mantéis co poema de Rosalía MIÑA CASIÑA, MEU LAR, que da pé a facer este caldo tan apetitoso, á FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO para que todos os nenos e nenas puidesen telo e lelo.
PREME NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE
ORGANIZACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-21
No seguinte documento podedes consultar as medidas de prevención marcadas pola Consellería de Educación para a prevención da transmisión da Covid 19 nos comedores dos centros educativos:
- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN NOS COMEDORES ESCOLARES
E esta é a adaptación á situación da Covid 19 realizada polo centro en relación co servizo de comedor escolar: