Curso 2023-24
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
Actualizado 23/05/2023
Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2024/2025. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:
ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS
ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
ANEXO I (solicitude) e ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)
ANEXO II adicional, para cubrir en caso de familias numerosas
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE E DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA
Co gallo da conmemoración, no mes de abril, do Día Mundial da Saúde (día 7) e o Día da Actividade Física (día 6), os equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega propuxeron ao alumnado de primaria investigar sobre “xogos tradicionais” preguntando nas súas casas ao avó, avoa, tía, tío, nai, pai, veciños-as... a que xogaban de cativos e cativas para cubrir unha ficha na que se recolle o nome do xogo, material, participantes, instrucións e unha foto ou debuxo do xogo. O resultado podédelo visualizar nesta mesma publicación convertido nunha revista dixital. Na biblioteca do centro quedou o exemplar impreso. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2024
Nesta ocasión o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo ao alumnado que nos contara cal é o seu libro favorito. Aos máis cativos-as entregóuselles unha ficha na que tiñan que debuxar o libro elixido mentres que aos/ás máis maiores se lles pediu que fixeran un pequeno resumo do libro que máis lles gusta. Nesta publicación podedes ver o resultado do gran traballo que fixeron convertido nunha revista dixital coas súa recomendacións lectoras. Na biblioteca queda a versión impresa.