Aquí vos deixamos uns fantásticos circuitos eléctricos que crearon o alumnado de 6º de primaria.
Durante todo o curso, as nenas e os nenos de 6º EP estiveron investigando diferentes mulleres que desenvolveron as súas carreiras profesionais no ámbito STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Despois diso, puxeron a proba as súas competencias dixitais e os coñecementos acadados durante o proceso de investigación a través dun Kahoot creado por eles mesmos.
O alumnado de 4º EP participou no programa Women in Science a cargo do Departamento de Postgrao e Especialización do CSIC no que distintas científicas compartiron o seu labor na ciencia. O obxectiov é sensibilizar á rapazada traballando contidos dixitais e lúdicos ao mesmo tempo que se desbotan prexuízos sobre o acceso ás profesións do eido científico-tecnolóxico por parte das mulleres. O alumnado traballou e investigou coa información que estas científicas lle proporcionaron e , finalmente, tiveron unha videoconferencia cunha delas para profundizar na temática científica.
Para ver máis fotos preme na icona
O alumnado de 1º de primaria introduciuse durante este curso na linguaxe de programación visual a través da aplicación ScratchJr .
Para ver todas as fotos preme na icona
O alumnado de 5º A investigou sobre Ángeles Alvariño polo día da Muller e a Nena na Ciencia e fixo unha presentación dixital coa información máis relevante sobre esta científica.
Achegamos unha ilustración da presentación feita por unha alumna deste grupo, que recolle unha pequena reseña da información relevante que atoparon.
Recordamos ás familias de todos os alumnos e alumnas de nova admisión que do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula.
Poden recoller a información de toda a documentación a presentar e os diferentes impresos na secretaría do centro ou descargalos premendo na seguinte imaxe.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou, o pasado 16 de xuño nunha charla organizada polo Concello de Ourense, sobre o CAMIÑO DE SANTIAGO guiados por Ramón Fernández Fernández.
Na charla faloulles dos preparativos que hai que facer para ser un bo peregrino. Levar mochila con pouco peso, non debe superar o 10% do peso corporal, calzado cómodo pero usado, calcetíns suficientes para cambiar cada pouco coa finalidade de evitar feridas nos pés.
Comentou tamén a diferenza entre os distintos albergues aos que podes ir para descansar e pasar a noite.
E fixo unha referencia á historia do camiño, da frecha amarela e a existencia de distintos camiños que poden comezar en Francia, en Portugal e en diversas partes de España.
Tamén houbo un concurso de preguntas no que os gañaderos recibiron un chaveiro do camiño.
Charla moi entretida na que nos quedamos con algunhas ideas básicas para pensar en facer nós mesmos o CAMIÑO DE SANTIAGO nun futuro.
O martes 14 de xuño visitou a clase de 3ºA de primaria o mestre e escritor carballiñés Pablo Nogueira para falarnos un pouco do seu libro Nube Branca no Camiño que os nenos e nenas de 3ºA leron e sobre o que traballaron neste terceiro trimestre.
Despois dunha serie de preguntas a cargo dos nenos e nenas o escritor asinou moi amablemente cada un dos exemplares do seu libro.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |