Orientación

3 DECEMBRO- DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

DÍA DA DISCAPACIDADE 

O pasado venres 3 de decembro toda a comunidade educativa unímonos á iniciativa Baixo o mesmo  parauguas abrindo os nosos á inclusión e a un mundo sen barreiras.

 

#BaixoOMesmoParaugas

#ParaugasPolaDiscapacidade

“DI CAPACIDADE”

 

Mirade que paraugas tan diversos e especiais decoraron nas nosas aulas:

 

 

DOSE DE ÁNIMO!!

Dende o Departamento de Orientación queremos tamén contribuír e apoiar a todas as familias nesta nova situación, somos conscientes de que é algo novo e difícil para todos e todas, pero temos que recordar que:

        Cada día que pasa é un día menos para volver á normalidade!

 

Ante todo precisamos CALMA, RESPONSABILIDADE e SORRISOS, o único que queremos contaxiar son moitos sorrisos 

Agora máis que nunca eduquemos para a vida! Porque estamos seguras que con esta situación, imos tamén aprender moitas cousas, imos mellorar a nosa capacidade de empatía... a ser pacientes... a ser MELLORES!

Iremos compartindo páxinas, aplicacións, actividades... para levar mellor o día a día!

Mentres dure esta situación, calquera dúbida, ou para o que precisedes podedes escribir ao correo orientacionalbino@gmail.com

 

 

 

 

 

INICIATIVA ARCO DA VELLA!

Mensaxe de esperanza e unión! 

Esta iniciativa que comezou en Italia, coa mensaxe de “TODO IRÁ BEN” acompañada dun debuxo do arco da vella, é unha forma de non esquecer que despois da tormenta sempre chega a CALMA e de ser OPTIMISTAS.

 

A idea é realizalo para colgalo nas fiestras, pero tamén vos invitamos a envíalo ao correo electrónico: orientacionalbino@gmail.com e así poder xuntalos todos e subilos a web do centro, é unha maneira de manternos unidos e unidas a pesar de ter que estar nas casas.

Adxuntamos varios modelos para que poidades descargar, pero cada un pode facer o seu propio!

Estamos desexando ver como vos quedaron!

- Arco iris todo va a salir bien

- Arco iris con pictogramas

- Arco iris con pictogramas 2

 

Un pouco acorde a isto, recomendamos esta técnica de relaxación para eses momentos nos que o día se fai máis longo e estamos máis inquedos e inquedas, facédeo tantas veces como sexa necesario, ata que sintades tranquilidade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet