Premendo na imaxe podedes ler este libro que nos da pautas moi interesantes
Escola de pais/nais
TRUCOS PARA ENSINARLLES A APRENDER E NON A MEMORIZAR
Establecer unha rutina de repaso, premiar o esforzo e respectar o tempo de descanso son algunhas das claves para conseguir a implicación dos nosos fillos no estudo e que entenda que iso que pode parecerlle un verdadeiro 'rollo' é algo bo e positivo para el. O papel dos pais nesta tarefa é fundamental sobre todo a partir de Primaria. Nesta etapa é convinte aplicar estratexias para motivar ao neno e tamén para mellorar os resultados académicos. Se queredes coñecer algúns trucos para ensinarlles a aprender picade na imaxe
AXÚDALLE AO TEU FILLO A DESCUBRIR OS SEUS TALENTOS E HABILIDADES
Sabedes cales son os talentos do voso fillo/filla? Que cousas lle apasionan? Que cousas sabe facer moi ben? Son preguntas que como pais debemos facernos, e , son preguntas que nos axudan a entender mellor quen son os nosos fillos e como podemos axudarlles a desenvolver mellor as súas habilidades e tlentos naturais. Se picades na imaxe atoparedes un interesante artigo con moitas recomendacións.
NECESIDADE DE ESTABLECER LÍMITES
Os nos necesitan límites que lles sirvan de guía para a súa conduta e propicien un desenvolvemento san e a formación dunha identidade madura e responsable.
Os límites e as regras, serán as orientacións que sirvan de base para regular a propia conduta. A través deles os nenos diferenciarán o que poden do que non poden facer, e aprenderán que os seus actos, tanto os bos coma os malos, teñen consecuencias das que eles son os responsables.
Poñer límites non sempre é unha tarefa sinxela. En moitas ocasións non sabemos se nos estamos pasando ou nos quedamos curtos, non temos claro as regras e non llas transmitimos de forma clara. Cando isto ocorre e educamos aos nenos sen límites as consecuencias son moi negativas. É fundamental aprender a poñer límites aos niños. A psicóloga e pedagoga Celia Rguez danos pautas no seguinte artigo. Se queredes lelo premede na imaxe
PAUTAS PARA FOMENTAR O HÁBITO DE ESTUDO
Estudar é unha tarefa que se pode aprender empregando unha serie de estratexias que favorecen a adquisición do hábito de estudo.
Os hábitos son actos que se adquiren pouco a pouco a través da experiencia, coa práctica acábanse automatizando, de forma que se repiten habitual e regularmente.
Un hábito de estudo, é un conxunto de accións destinadas a estudar que se repiten e que son as determinantes do rendemento e dos resultados académicos.
Son moitos os casos nos que os estudantes fracasan por una falta de bos hábitos de estudo, é dicir, as accións que poñen en marcha cando estudan non son efectivas e non se obteñen bos resultados.
Para adquirir un bo hábito de estudo pica na seguinte imaxe
COMO ENSINAR AOS FILLOS A SER ASERTIVOS
O termo Asertividade fai referencia á capacidade de defender os propios dereitos, sen deixarse manipular e sen manipular aos demais. Cando unha persoa se comporta de maneira asertiva ten presente os sus dereitose inténtaos defender, respectando os dereitos dos demais. O seu obxectivo non é saírse coa súa senón que intenta chegar dunha forma positiva a un acordo por medio da negociación, onde ambas partes gañan e ceden á vez. Se pucades na imaxe atoparedes pautas para ensinarlle aos vosos fillos a ser mais asertivos
ESTRATEXIAS EXITOSAS PARA FALAR COS NENOS
Que sucede cando as palabras, as ideas e os sentimentos saen dos nosos beizos e se introducen nos oídos e nos ollos dun neno?
Isto chámase comunicación. A comunicación non só se relaciona co que dicimos, senón co modo no que o dicimos. Este é un elemento clave no desenvolvemento dos nenos saudables. A comunicación é moito máis que as palabras.
Comunicámonos coa mirada – sorrisos e xestos; coas accións -, con abrazos e palmadas, e incluso co silencio, cálido e frío. Usualmente, os adultos teñen unha boa comunicación cos nenos cando dan direcións o explican perigos comúns.
Por outro lado, moitas veces teñen dificultade para comunicarse cando los sentimentos – do neno ou os propios – están involucrados. A modo de exemplo, o folleto “Estratexias Exitosas para Hablar con Niños Pequeños” amósanos como empezar a falar e a escoitar con sentimentos. Suxire modos de canalizar as palabras e os sentimentos que serán escoitados … pero que no causarán dano. Unha boa comunicación é importante para agora y para despois, xa que axuda aos nenos a desenvolver a súa confianza en si mesmos e a afirmar as súas relacións cos demais. A boa comunicación fai a vida mais fácil tanto para eles como con eles mesmos.
Unha boa comunicación conduce a relacións cálidas, cooperación e sentimentos de autoestima. Unha comunicación pobre conduce a relacións frustrantes, a conflitos e a sentimentos de inutilidade. É unha boa inversión o aprender a ser un bo comunicador. As seguintes páxinas presentan algunhas maneiras de conversar cos vosos nenos. Espero que vos sexan útiles
Picade na imaxe
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »