Unha boa hixiene bucodental é un hábito que debemos adquirir dende pequenos para evitar enfermidades relacionadas coa boca e cos dentes e para ter tamén unha boa imaxe persoal. Co fin de fomentar no alumnado este hábito relacionado coa sáude participamos nunha charla impartida por un especialista aos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Esta charla, patrocinada polo Concello de Ourense, celebrouse no centro o día 29 de abril.
Os principais obxectivos desta charla son:
- Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia podan evitar enfermedades bucodentales posteriores.
- Realizar un correcto cepillado dos dentes
- Identificar as principales partes da boca e seu utilidade
- Descubrir os principais amigos inimigos da saúde bucodental
- Recoñecer e evitar os alimentos carioxénicos
- Recoñocer que o fluor aumenta a resistencia do esmalte bucodental
- Recoñecer ao dentista como o profesional que coida da saúde bucodental
(senopse extraída da páxina de educación do Concello de Ourense)
Ao longo da charla os nenos e nenas aprenderon a realizar un correcto cepillado dos dentes e da boca (empezando pola cantidade de pasta a empregar, que parte da nosa boca debemos limpar primeiro, como se emprega o cepillo...) Coñeceron tamén varios aspectos sobre os dentes, sobre todo a diferencia entre os dentes de leite que lles van caer e os de adulto, cales eran os diferentes tipos de cepillos e como elexir o mellor, o emprego de colutorios, a importancia que ten unha alimentación saudable evitando lambetadas, azúcares...que son os que máis atacan aos nosos dentes producindo a carie.
Os nenos estiveron moi atentos ás explicacións, tamén participaron seguindo as indicacións do especialista e fixeron unha morea de preguntas e observacións sobre o tema.