PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR

Se xa informamos nunha entrada anterior dunha charla sobre seguridade en internet impartida dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, damos hoxe conta doutra charla promovida dentro do citado plan e que xiraba en torno ao ACOSO ESCOLAR. Foi impartida no centro por unha axente da policia nacional o pasado xoves, 17 de novembro, aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria. 

Para introducir o tema, comezou a charla co visionado do seguinte vídeo: 

A continuación a axente proxectou unha presentación do CORPO NACIONAL DE POLICÍA da Comisaría de Ourense ao mesmo tempo que lles falaba do acoso escolar ou bullying, do perfil do acosador, da vítima e dos espectadores, dos tipos de acoso existentes, das consecuencias do acoso... Ao rematar a exposición abriuse un turno de preguntas, os nenos e nenas plantexáronlle cuestións á axente e esta aclaroulles as súas dúbidas sobre este tema, recalcando que ante calquera situación deste tipo deben sempre falar cun adulto. 

Damos difusión tamén a este vídeo da POLICÍA NACIONAL, tratando de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a necesidade de parar e denunciar o acoso escolar:

Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos da charla informativa:

 

Enlazando con este tema, lamentablemente tan de actualidade, recordamos o teléfono gratuíto para denunciar casos de acoso escolar e que acaba de poñer en funcionamento (o pasado 1 de novembro) o Ministerio de Educación. Teléfono operativo as 24 horas do día e os 365 días do ano: 900 018 018

 

Powered by Drupal - Design by artinet