Comezamos as actividades complementarias deste curso cunha nova actividade incluída dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS. Dito Plan, froito da cooperación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as autoridades educativas, ten como principal obxectivo "responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xoves na escola e no seu contorno".
A actividade, realizada o venres 7 de outubro, consistiu nunha charla impartida no centro por unha axente da Policía Nacional aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria. Resumimos os principais obxectivos da mesma:
- Informar aos rapaces e rapazas dos principais problemas de seguridade que lles afectan como colectivo, prestando especial atención á prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais.
- Sensibilizalos e orientalos sobre aqueles comportamentos que podan derivar en accións delictivas, fomentando os valores de responsabilidade, igualdade, respecto e convivencia.
- Inculcarlles a necesidade de comunicar ou solicitar axuda dos seus pais ou profesores acerca de feitos que ocorran dentro ou fóra do recinto escolar, cando a gravidade da situación así o aconselle.
- Mellorar o seu coñecemento e confianza en relación co funcionamento das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o servizo público que prestan á comunidade así como os distintos canles de comunicación coas mesmas.
(Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)
Na seguinte presentación temos uns consellos moi interesantes sobre a seguridade en internet: