Os nos necesitan límites que lles sirvan de guía para a súa conduta e propicien un desenvolvemento san e a formación dunha identidade madura e responsable.
Os límites e as regras, serán as orientacións que sirvan de base para regular a propia conduta. A través deles os nenos diferenciarán o que poden do que non poden facer, e aprenderán que os seus actos, tanto os bos coma os malos, teñen consecuencias das que eles son os responsables.
Poñer límites non sempre é unha tarefa sinxela. En moitas ocasións non sabemos se nos estamos pasando ou nos quedamos curtos, non temos claro as regras e non llas transmitimos de forma clara. Cando isto ocorre e educamos aos nenos sen límites as consecuencias son moi negativas. É fundamental aprender a poñer límites aos niños. A psicóloga e pedagoga Celia Rguez danos pautas no seguinte artigo. Se queredes lelo premede na imaxe