O venres 30 de xaneiro celebramos un ano máis no centro o DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ, este día que se celebra nos colexios dende 1964 por iniciativa de Llorenç Vidal, propugna unha educación permanente en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz. Ao longo destes días traballáronse nas aulas actividades propostas por diferentes equipos (equipo de biblioteca, equipo de dinamización galega, equipo de actividades complementarias e extraescolares...) Velaquí algúns dos resultados das mesmas: |
O MURO DA PAZ
A proposta do equipo de dinamización da biblioteca escolar realizouse a actividade O MURO DA PAZ, cada "ladrillo" do muro era unha palabra ou mensaxe relacionado coa paz ou a non-violencia que foi aportando cada neno/a.
|
HANDS FOR PEACE Dende o departamento de inglés realizaron o mural "HANDS FOR PEACE" (manos para la paz) (pica nas imaxes para acceder ao blog deste departamento)
|
OS SÍMBOLOS DA PAZ
Por proposta do equipo de actividades complementarias e extraescolares e do equipo de dinamización da lingua galega decoramos este curso a entrada do colexio cos dous símbolos máis universais da paz: o círculo con tres liñas no interior e a pomba coa póla de oliveira no peteiro. Tamén tivemos un recordo especial para a gañadora do derradeiro Premio Nobel da Paz: Malala Yousafzai.
|
A POMBA SOLIDARIA
Como remate desta semana, o venres realizamos un acto conxunto: "A POMBA SOLIDARIA". Comezamos coa lectura por parte de alumnos/as de 4º de primaria de textos referidos á paz e a actividade que íamos realizar, a continuación fomos enchendo unha pomba debuxada con alimentos non perecedoiros que serán destinados ao noso banco de alimentos. Por último cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Corazón con cremallera".
|