TRABALLANDO NO XARDÍN DOS SENTIDOS

O pasado venres, 5 de decembro, comezamos co traballo de plantación de árbores e arbustos no patio do colexio. Esta plantación está enmarcada dentro do noso proxecto "Escola ponte guapa""O xardín dos sentidos". Como xa tiñamos preparadas as zanxas, traballo feito conxuntamente entre pais, alumnos/as e profesorado o pasado 8 de novembro, o traballo resultou máis fácil e levadeiro. Os alumnos/as de 6º en colaboración cos pequenos/as de 3 e 4 anos realizaron esta plantación axudados por algúns profesores/as. Co obxectivo de motivalos máis para que se implicasen no coidado e mantemento das árbores, os alumnos/as de 6º de primaria apadriñaron a un neno/a de infantil, e a súa vez os dous apadriñaban un dos arbustos prantados, neste caso mirtos. Como podedes ver polas fotos o traballo conxunto resultou moi estimulante, e que ben o pasaron saltando para aplastar a terra!!

 

  

Powered by Drupal - Design by artinet