Todos os usuarios deberán permanecer sentados/as durante o traxecto.
Cada alumno/a ocupará un asento, que será sempre o mesmo, sendo responsable dos danos que ocasione no autobús.
Para acceder ó autobús, este deberá estar totalmente parado, igualmente para levantarnos do asento para baixar.
Deben subir e baixar sempre na parada que teñen asignada. Excepcionalmente poderán subir ou baixar noutra, sempre coa autorización da Xefatura Territorial de Educación e logo de ser solicitado o cambio.
O transporte escolar é un servizo de caracter educativo, no que debemos comportarnos con respecto, atendendo ás indicacións da persoa acompañante.
Calquera incidencia grave debe ser comunicada polo conductor ou acompañante ao Centro.
Calquera falta cometida no autobús ten a mesma consideración que as cometidas no colexio.
Débese gardar unha compostura de respecto, non provocando alborotos que poidan distraer a atención do/a conductor/a.
As relacións co/a conductor/a e persoal acompañante serán de respecto mútuo entre todas as persoas.