APRENDER A APRENDER

CURSO 2014 - 2015

Por segundo ano consecutivo continuamos co programa "Aprender a aprender" posto en marcha polo Concello de Ourense. Os nenos/as de infantil do pasado curso continuarán coas clases de xadrez que se realizarán no centro no mesmo horario ca o ano anterior: de 15:15 h a 16:15 h., así mesmo participarán na avaliación psicopedagóxica que se está a levar a cabo para coñecer os resultados do programa.  

  

 

No seguinte enlace podedes acceder á páxina web do Liceo de Ourense, entidade que se encarga cos seus monitores de impartir as clases de xadrez, e ler a valoración que realizan sobre os resultados obtidos o curso pasado con este programa.

 

http://www.liceodeourense.com/2.0/secciones/escuela-de-ajedrez-el-liceo-de-ourense

CURSO 2013- 2014

O Concello de Ourense está a desenvolver un programa experimental denominado "Aprender a aprender", utilizando o xadrez como ferramenta pedagóxica cos nenos/as de Educación Infantil

O obxectivo do programa é analizar se a utilización do xadrez como ferramenta pedagóxica proporciona beneficios nas capacidades cognitivas e competencias curriculares de nenos e nenas da etapa de infantil de contextos socioeconómicos desfavorecidos.

Dito programa comezou no CEIP de Covadonga/Eiroás, e, para avaliar os resultados, este curso amplíase o proxecto con outros nenos/as doutros centros da cidade, da mesma idade, de similar características socio-económicas e que non estean sometidos a ningún programa alternativo de ensinanza.  Por ese motivo o noso colexio foi un dos elexidos, xunto co CEIP de Mariñamansa e o CEIP As Mercedes. 

O alumnado de infantil do noso centro recibirá clases gratuítas de xadrez que terán lugar no colexio en horario de 15:15 a 16:15 h. (en sesións de 20 minutos).

                                                                          (Nota de prensa sobre a incorporación do noso centro ao programa)

Powered by Drupal - Design by artinet