O Día Internacional das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
O alumnado de 4º, 5º e 6º E.P gozou dun coloquio virtual mediante multiconferencia organizado polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) con 4 referentes TIC galegas.
As participantes do coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2023 foron:
-
Mariamo Mussa Juane, doutora en Física.
-
Alba Meijide, licenciada en Intelixencia Artificial.
-
Carmela Troncoso, enxeñeira de Telecomunicacións.
-
Esther Medina, enxeñeira de Telecomunicacións.
Unha vez que escoitaron as distintas intervencións, o alumnado puido enviarlles preguntas para interaccionar con elas.