O DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

O 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS e desde o equipo eliximos ese día para comezar con moito entusiasmo a andaina das MOCHILAS VIAXEIRAS que hoxe comezaron a súa primeira viaxe polos fogares do noso alumnado.

O mécores da mesma semana tivemos unha nova xornada de APADRIÑAMENTO DE LIBROS. No recreo colocáronse nos patios varias mesas con libros que se EXPURGARON DA BIBLIOTECA, para que cada neno e nena pasara por alí e collera o/os libro/s que máis lle gustaban e os levarna para a casa para darlle unha nova vida a eses libros que se quedaron sen óco na biblioteca.

Actividade que a moitos/as lles gustou moito vendo o contentos/as que estaban cos libros.

    

   

Powered by Drupal - Design by artinet