O alumnado de 6º de primaria crea o seu propio Kahoot

 

Durante todo o curso, as nenas e os nenos de 6º EP estiveron investigando diferentes mulleres que desenvolveron as súas carreiras profesionais no ámbito STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Despois diso, puxeron a proba as súas competencias dixitais e os coñecementos acadados durante o proceso de investigación a través dun Kahoot creado por eles mesmos.

Powered by Drupal - Design by artinet