Este é o mural de Primavera que fixemos na aula de 2º e que está adicado a todos eses bechiños que reaparecen coa chegada desta estación. Cada neno encargouse de facer o seu bechiño e de pintalo coas témperas. Despois montámolo. Tamén compuxemos pequenas rimas. Este é o resultado.
RIMAS DE BECHIÑOS
A libélula Úrsula, A ra Casandra, A lagartixa Marisa,
dun lado a outro pulula. na charca moito salta. está morta de risa.
A xoaniña Maruxiña, A bolboreta Enriqueta, A abella Sabela,
moitas flores tiña. sempre voa contenta. leva o mel á colmea.
A formiga Tina, A mosca Rechoncha, A araña Nerea,
leva todo o que pilla. come enteira unha rosca. a modo, tece a súa tea.