Este curso quixemos adicar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, que se celebra cada 8 de marzo, a destacar a figura da MULLER NO DEPORTE .
Para iso, despois de realizar nas diferentes aulas carteis sobre deportistas famosas e de expoñelos nun gran panel conxunto, e para concienciar aos nenos e ás nenas das dificultades con que se atopan tamén as mulleres no deporte, recibimos no colexio (o propio día 8) a visita de deportistas da nosa localidade, algunhas incluso antigas alumnas do noso centro.
Para coñecer máis datos desta actividade e visualizar as imaxes da mesma, premede nos seguintes enlaces: